ocultación

ocultación

(< latoccultatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de ocultar ou de ocultarse.

  2. s f [ASTRON]

    Paso dun astro próximo á Terra por diante doutro astro máis afastado, aparentemente máis grande e máis luminoso. Un caso frecuente e moi importante é o de ocultación dunha estrela pola Lúa. Neste caso, a medida dos instantes de inmersión e de emersión dan información sobre os movementos da Terra e da Lúa. Son tamén frecuentes as ocultacións dos satélites galileanos de Xúpiter polo propio Xúpiter.

  3. s f [DER]

    Encubrimento dunha cousa que legalmente se debe manifestar á autoridade ou ao funcionario que o pregunta por razón do seu cargo.

Refráns

  • Cando comía todo, a miña muller mo escondía: e agora que non podo comer, todo mo deixa ver.
  • Co que te has de honrar, non o teñas detrás do lar.
  • Debaixo da manta moito se esconde e moito se tapa.
  • Quéimese a casa e non saia fume.

Palabras veciñas

oculóxiro -ra | ocultábel | ocultable | ocultación | ocultador -ra | ocultar | ocultismo