odre
odre
(< lat utre)
-
s
m
Recipiente feito coa pel dun animal, xeralmente de cabra, que serve para conter e transportar líquidos. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que troca odre por odre, algún deles ten que estar podre”.
Sinónimos: pelella, pelello. -
s
m
Persoa que está baixo os efectos do alcohol.
Sinónimos: pelella, pelello.
Frases feitas
-
Estar/Porse/ Ser coma un odre. Comer ou beber en exceso.
-
Estar (gordo) coma un odre. Ser moi gordo.
Refráns
- Quen troca odre por odre, algún deles ha de ser podre.