Oenothera

Oenothera
[PLANTA]

Xénero de plantas, da familia das onagráceas, que presentan as follas alternas e as flores de gran tamaño dispostas en espigas de cor rosada, amarela ou púrpura. Son de orixe americana e moitas foron introducidas en Europa. En Galicia destaca a presenza das especies O. longiflora e O. strita.