oferta
(
-
s
f
Acción e efecto de ofrecer ou ofrecerse.
Sinónimos: ofrecemento. -
s
f
[ECON]
Cantidade de produtos que compiten nun mercado para ser vendidos, nun momento determinado. O estudo da oferta como magnitude global ou agregada constitúe unha análise das condicións xerais e históricas do proceso de produción, é dicir, do grao de desenvolvemento das forzas produtivas, como tamén da identificación dos centros de decisión sobre qué, cánto e cómo producir, coas repercusións conseguintes sobre todos os individuos que interveñen no proceso. Das variables que poden influír sobre as cantidades ofrecidas para cada produtor destacan o prezo do produto do que se trata, os prezos dos outros produtos pois a súa incidencia será distinta segundo sexan substitutivos ou complementarios, os prezos dos factores de produción, as finalidades e decisións conseguintes dos produtores ou empresas, e o estado da tecnoloxía. De todas estas relacións a coñecida co nome xenérico de curva da oferta é a que representa as variacións nas cantidades de bens que os produtores están dispostos a vender, respecto ás modificacións do seu prezo. Co nome de economía do lado da oferta desígnase a corrente da economía que reaccionou fronte á política económica keynesiana, dominante ata aquel momento, e que se baseou na actuación sobre a demanda agregada para pasar a poñer o acento na oferta.
Antónimos: demanda, demanda. -
s
f
-
Prezo rebaixado con que se pon un produto á venda.
Ex: Nese supermercado o deterxente está de oferta toda a semana.
-
Produto que se pon á venda cun prezo rebaixado.
Ex: Miña nai atopa sempre as mellores ofertas.
-
-
s
f
[DER]
Proposición unilateral que unha persoa fai a outra para establecer un contrato.
-
s
f
[RELIX]
ofrenda.
-
oferta pública de adquisición
[ECON]
Operación de compra dunha sociedade, cotizada en bolsa, mediante apelación pública. O comprador propón aos accionistas da sociedade pretendida de compra as súas accións a un prezo fixo, superior ao da cotización bolsista. A OPA é hostil cando se leva a cabo sen o acordo dos administradores e amigable cando conta co seu apoio.