Olduvaiano

Olduvaiano
s m [PREHIST]

Industria do Paleolítico Inferior desenvolvida polo Homo habilis, que recibiu o nome do xacemento Olduvai. Caracterizouse pola manufactura mediante percusión directa sobre o canto á hora de elaborar os artefactos. Supuxo a aparición da idea de que o artefacto é concibido antes de ser fabricado. OBS: Tamén se denomina cultura de cantos tallados e pebble culture.

Palabras veciñas

Oldfield, Mike | Oldham | Olduvai Oldoway | Olduvaiano | olduvaiano -na | olé! | ole(i/o)-