Olga

Olga
[ONOM]

Antropónimo feminino que procede dun nome ruso de orixe escandinava, posiblemente do antigo noruegués Helga, feminino de Oleg; que parece derivar dunha abreviación de nomes que teñen por primeiro elemento heil ‘saúde’, que orixinariamente significou ‘invulnerable’. Despois da cristianización dos xermanos adquiriu o significado de ‘santo’. A súa festividade celébrase o 11 de xullo.

Palabras veciñas

olfactorio -ria | olfaión | olga | Olga | Olga | Olga, veiga de | Olgas