oligarquía

oligarquía

(

  1. s f [HIST]

    Réxime político da antiga Grecia en que o poder estaba nas mans duns poucos. Opostos á aristocracia polo feito de que o poder non lles pertence ás persoas nobres por nacemento, senón aos cidadáns ricos, os réximes oligárquicos sucederon os réximes aristocráticos ou as tiranías e foron suprimidos finalmente pola democracia.

    Sinónimos: oligocracia.
  2. s f [POLÍT]
    1. Réxime político en que o poder está en mans dun grupo reducido de persoas.

      Sinónimos: oligocracia.
    2. Grupo de persoas que gobernan este réxime político.

      Sinónimos: oligocracia.
  3. s f
    1. Calquera organización en que só dirixen uns poucos e non deixan intervir aos demais interesados.

      Sinónimos: oligocracia.
    2. Grupo de persoas que asumen este tipo de dirección.

      Sinónimos: oligocracia.

Palabras veciñas

olifante | olig(o)- | oligarca | oligarquía | oligárquico -ca | oligo- | oligoamnio