Oligoceno

Oligoceno
s m [ESTRATIG]

Última época do Terciario Inferior, que se sitúa entre o Eoceno e o Mioceno. Predominan nel os materiais detríticos con abundancia de tramos arxilosos, aínda que tamén presenta calcarias lacustres e evaporitas. Durou, como máximo, dos 38 aos 24,6 millóns de anos, e a súa división en etapas é unha cuestión moi discutida, como tamén os seus límites concretos. Á parte dalgúns grupos de foraminíferos que permiten definilo ben, como os do xénero Lepidocyclina e algúns individuos do xénero Nummulites e macroforaminíferos, o seu contido paleontolóxico presenta unha continuidade notable co Eoceno e, respecto dos mamíferos, co Mioceno.