Olmedo, Batalla de
Olmedo, Batalla de
Combate armado acontecido en Olmedo o 19 de maio de 1445, entre as forzas de Álvaro de Luna e o Rei Xoán II de Castela, e as da liga de nobres e os seus aliados, os infantes de Aragón Enrique e Xoán, futuro Xoán II Aragón. O enfrontamento xurdiu a partir dunha escaramuza e significou a vitoria de Álvaro de Luna. O infante Enrique de Aragón, ferido de morte, e o seu irmán Xoán tiveron que fuxir a Aragón.