On the Origin of Species
Obra de Charles Robert Darwin, de título On the Origin of Species by Means of Nature selection, or the Preservation of Favoured Races in the Struggle for Life, que foi publicada en 1859. Está considerada o primeiro texto claro sobre a teoría da evolución e da selección natural. Na obra formúlase que as especies cambian debido ao medio en que viven, como resultado dunha necesidade nova, que a loita pola supervivencia elimina as variacións desfavorables e sobreviven os máis aptos, e que o número de individuos de cada especie permanece constante. As repercusións desta obra foron inmediatas, polo que a primeira edición se esgotou o mesmo día da súa publicación. Darwin foi protagonista dunha gran controversia científica, relixiosa e incluso política, e aínda que a maioría dos científicos da época, como R. Owen, rexeitaron as súas teorías, atopou en investigadores como T. H. Huxley, firmes defensores das súas teses.