Onda Cero

Onda Cero
[COMUN]

Cadea privada de radiodifusión de ámbito estatal cuxa orixe está no grupo de emisoras da familia Rato. Vendida a comezos da década de 1990 á ONCE, que creou a súa filial mediática Uniprex, contaba con 170 emisoras. Mediante acordos con grupos como Radio Blanca-Kiss FM, de Blas Herrero, Onda Rambla, de Luis del Olmo e o Grupo Voz, a cadea foi ampliando o número de emisoras ata acadar a difusión nacional. Telefónica, a través de Antena 3TV, mercou Onda Cero en xaneiro de 1999, cando tiña 102 emisoras e outras 84 asociadas que emitían a través de Onda Cero, Onda 10 e Onda Melodía. En marzo de 2002, Antena 3TV mercou con fondos propios Onda Cero a Telefónica, nun proceso de concentración interno que deixaba a Antena 3TV e Onda Cero dentro da filial de medios de Telefónica, o Grupo Admira.

Palabras veciñas

1 onda | 2 onda | Onda | Onda Cero | ondada | ondámetro | Ondara