ondulador -ra
ondulador -ra
(< ondular)
-
adx
Que ondula.
-
s
m
[FÍS]
Convertedor estático de corrente continua en corrente alterna. Emprégase xeralmente para fornecer potencias elevadas e de alta tensión e permite efectuar o transporte de enerxía eléctrica en corrente continua, que se converte en alterna ao chegar á estación receptora. Os onduladores funcionan mediante dispositivos de estado sólido de gran potencia, como os tiristores.
Sinónimos: mutador.