ONU, forzas militares da
Forzas militares creadas de acordo co artigo 43 da Carta do Atlántico. A ONU nunca dispuxo de forzas militares propias, pero desde 1948 recorreu a efectivos militares facilitados voluntariamente por máis de 60 países. Estas forzas son denominadas cascos azuis pola cor do casco ou boina que empregan. Os seus vehículos van pintados de branco, co distintivo UN. Segundo o artigo 42 da Carta de Nacións Unidas, o Consello de Seguridade pode emprender a acción que sexa necesaria, con forzas terrestres, navais e aéreas, para manter ou restablecer a paz e a seguridade internacional. Nas misións que cumpren, as tropas ao servizo da ONU só poden empregar a forza, de xeito moi limitado, para a autodefensa. Unicamente interveñen en guerras cando o Consello de Seguridade llo encomenda a un grupo de nacións, habitualmente lideradas por EE UU. Foron os casos de Corea (1950-1953), o Golfo Pérsico (1991) e a antiga Iugoslavia (1995). Desde 1988 efectivos españois participan nas diversas campañas.