opacidade

opacidade

(< lat opacĭtāte)

  1. s f

    Calidade de opaco.

  2. s f [FÍS]

    Relación que se dá nun corpo entre a intensidade da luz incidente (I 0 ) e a da transmitida (I t ), dada pola expresión O = I 0 /I t . Tamén se pode aplicar a calquera outra magnitude física que perda intensidade ao atravesar un corpo.

  3. s f [MED]

    Zona que, en radioloxía, obstaculiza o paso dos raios X e que, polo tanto, aparece máis branca nas radiografías.

  4. s f [MED/PAT]

    Zona opaca da córnea ou do cristalino.

Palabras veciñas

op art* | OPA | opa! | opacidade | opacificador | opacimetría | opacímetro