opción

opción

(< lat optĭōne)

  1. s f

    Facultade de optar ou escoller.

    Ex: As súas notas danlle a opción de presentarse ou non ao examen.

  2. s f

    Elección ou escolla que se fai entre dúas ou máis cousas.

    Ex: Elixiu esa opción porque era a máis económica.

  3. s f

    Cada unha das posibilidades que hai para elixir entre varias cousas.

    Ex: As opcións que tes son asistir á reunión ou delegar nunha persoa de confianza.

  4. s f

    Posibilidade que se ten de conseguir algo, como un cargo ou un oficio.

  5. s f [ECON]

    Dereito de preferencia que nas sociedades anónimas se lles concede aos accionistas para adquirir participacións nas sucesivas ampliacións de capital.

  6. opción de compra/de venda [ECON]

    Prioridade de que goza unha persoa física ou xurídica para adquirir ou vender un ben determinado, sexa moble ou inmoble.

Palabras veciñas

opata | Opava | Opazo | opción | opcional | Opel | Opel, Fritz