operando
operando
(
s
m
[MAT]
Calquera dos elementos que interveñen nunha operación para dar un resultado. Cada operación require un número fixo deles, normalmente dous. Segundo sexa este número, a operación denomínase diádica, monádica (como a identidade ou a complementación), triádica, etc. Nalgunhas operacións, os operandos reciben nomes especiais segundo o lugar que ocupan (primeiro ou segundo, respectivamente): sumandos na adición, minuendo e subtraendo na subtracción, multiplicando e multiplicador (e factor calquera dos dous) na multiplicación, e dividendo e divisor na división.