Opinión Liberal, La

Opinión Liberal, La
[PUBLIC]

Xornal publicado en Ourense a partir de novembro de 1886. Editado nos obradoiros tipográficos Galaica, foi dirixido por Luciano Cid Hermida. Saíu dúas veces á semana (mércores e sábado) e incluíu información xeral e local, notas bibliográficas, artigos culturais e poemas en galego. Amosou un grande interese polos problemas do campesiñado en Galicia.