OPOIAZ OPOJAZ
OPOIAZ OPOJAZ
Nome científico:
[Obščestvo Izučenija Poetičeskovo Jazyka: Sociedade para o estudo da linguaxe poética]
Sociedade lingüística fundada en 1916 en San Petersburgo que reunía a investigadores da linguaxe en xeral, discípulos de J. I. Baudouin de Courtenay (L. Jakubinskij) e estudosos da linguaxe poética, especialmente V. Šklovskij, B. Eigenbaum, J. Tin’anov, B. Tomačevskij e O. Brik. Facían crítica literaria e retomaron o estilo esbozado por Aristóteles na Poética, na medida en que consideraba o feito literario como unha estrutura formal da linguaxe. Desapareceu cara a 1926 baixo a presión ideolóxica do stalinismo.