Orchis

Orchis
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, da familia das orquidáceas, que presentan dous tubérculos globosos na base, follas oblongas ou lineais e flores de cor amarela ou rosada dispostas en acios. O tamaño é variable, poden oscilar entre os 30 e 80 cm de altura, florecen entre os meses de abril e xullo e atópanse en prados. En Galicia están presentes as especies O. morio, O. coriophora, O. purpurea (en zonas próximas a León) e O. mascula (na zona L).