Oreailurus
Oreailurus
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos, da familia dos félidos, que presentan un pelame de cor grisáceo con liñas pardas e manchas negras de pequeno tamaño. A única especie coñecida deste xénero é O. jacobitus, que ten unha cola longa e peluda con 6-9 aneis anchos e de cor escura. Habita no altiplano andino, no S de Perú e Bolivia e no N de Arxentina e Chile.