orellanzo
orellanzo
Nome científico:
[Helvella lacunosa, Fam das helvelláceas]
s
m
[FUNGO]
Fungo que presenta un carpóforo formado por 2 ou 3 pregaduras dispostas á maneira dunha sela de montar, e outras veces adoptan formas máis irregulares, cerebriformes. É de cor gris escura, case negra, ás veces con tonalidades azuladas, mentres que na cara interior o gris é moito máis claro. O pé, ben diferenciado do carpóforo, é ancho, de cor gris ou parda, oco e cunhas grosas costelas.