Orense

Orense
[PUBLIC]

Revista publicada en Ourense a partir de xuño de 1977, que cesou en xuño de 1983. Apareceu co subtítulo de “Revista trimestral de la Excma. Diputación Provincial de Orense”. Promovida por esta institución, saíu cada tres meses, dirixida por Hermógenes González Blanco e coordinada por Xosé Platero Paz. Publicou artigos sobre a historia da institución promotora, economía e cultura galegas, e recensións de artistas e persoeiros ourensáns. Dos seus colaboradores destacan Carlos Casares, X. Ferro Couselo, Celso E. Ferreiro ou Alfredo Vara. Destacou o especial dedicado a Vicente Risco con motivo do Día das Letras Galegas de 1981.