Orestes
Orestes
[MIT]
Heroe de Arcadia, fillo de Agamemnon, rei de Micenas, e de Clitemnestra. Cando aínda era un neno, o seu pai morreu asasinado á súa volta da guerra de Troia por Clitemnestra e Existo. Este último tiña a intención de dar morte tamén a Orestes, pero Electra, irmá deste, salvouno e mandouno á corte do rei de Fócida, Estrofio. Alí medrou e Apolo deulle a orde de vingar a seu pai. Co seu amigo Pílades volveu a Micenas e visitou a tumba de Agamemnon, onde deixou unha guedella da súa cabeleira. Electra, ao acudir á tumba do pai, recoñeceu a presenza do seu irmán e axudouno a dar morte a Clitemnestra e a Existo. Logo fuxiu a Delfos, onde foi purificado por Apolo.