organoxénese
organoxénese
(<órgano + xénese)
s
f
[BIOL]
Última fase do desenvolvemento embrionario, en que as células e os tecidos sofren transformacións e desprazamentos encamiñados á formación estrutural e funcional dos órganos. Comeza estimulando a formación do sistema nervioso, a notocorda e o metámero, e sucédense as inducións secundarias, a miúdo concatenadas e subordinadas, na formación de órganos múltiples ou das súas partes fundamentais. Cando a oroxénese se completa, acaba o período de desenvolvemento embrionario e pode comezar a vida larvaria, ou ben o período fetal nos organismos de desenvolvemento directo.