orixinario -ria

orixinario -ria

(< lat originarĭu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á orixe.

  2. adx

    Que dá orixe a algo.

    Ex: Ese foi o bico orixinario da nosa relación.

  3. adx

    Que ten a súa orixe nunha persoa, cousa ou lugar determinado. OBS: Emprégase seguido da preposición de.

    Ex: O cristianismo afirma que o mundo é orixinario de Deus.

  4. adx

    Que procede dun determinado lugar, aínda que non nacese ou se criase nel.

    Ex: A súa familia era orixinaria de Francia.

Palabras veciñas

orixinal | orixinalidade | orixinar | orixinario -ria | oriya* | oriza | Orizaba