orla
(< lat v *orŭla)
-
s
f
Adorno trazado que se pon no bordo dun vestido ou dunha peza de roupa.
-
s
f
-
Adorno debuxado, gravado, impreso ou bordado nos bordos dun papel, pergamiño, fotografía ou tapiz.
-
Lámina orlada onde están as fotografías con lendas alusivas ás persoas que cursaron uns estudos xuntos ou traballaron nunha obra colectiva.
-
-
s
f
[HERÁLD]
Franxa que rodea o escudo e que está separada do seu bordo por unha distancia igual á súa propia anchura.
-
s
f
[ARQUIT]
Fío que corre por debaixo das molduras e que adorna un capitel.
-
s
f
Parte do lado dunha embarcación que sobresae do plano da cuberta, feito de varanda.
-
orla forestal
[ECOL]
Formación vexetal que limita diferentes hábitats como os bosques ou as leiras. Exerce un labor regulador das condicións ecolóxicas e caracterízase por mellorar as condicións de habitabilidade nas zonas máis externas da masa forestal e por mobilizar gran cantidade de nutrientes. Os solos destes biótopos son nitroxenados, profundos e presentan unha maior produción de biomasa. A vexetación predominante son as silveiras, as roseiras, as ortigas, os abruñeiros e os salgueiros.