Ornithopus
Ornithopus
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, anuais e pilosas, da familia das fabáceas, que presentan as follas imparipinnadas e as flores de pequeno tamaño, de cor rosada ou amarela e dispostas en capítulos ou en umbelas. Os froitos son legumes alongadas con estreitamentos entre as sementes. En Galicia aparecen as especies O. compressus, O. perpusillus e O. pinnatus.