ornitorrinco

ornitorrinco

(

Nome científico: [Ornithorynchus anatinus, Fam dos ornitorrínquidos]
s m [ANIMAL]

Mamífero da orde dos monotremos que pode chegar ao medio metro de lonxitude total. De corpo aplanado, presenta unha cola ampla e deprimida, os dous pares de patas transformadas en aletas e a cabeza remata nun bico plano. O corpo está completamente recuberto dun pelame de cor castaña nas partes superiores e máis clara nas inferiores. Trátase dun animal de costumes acuáticos que nada e se move pola auga con grande axilidade. Vive na banda oriental de Australia e en Tasmania.