Oro y Negro

Oro y Negro
[PUBLIC]

Revista publicada en Ourense a partir de 1960, que cesou nese mesmo ano. Subtitulouse “Revista de la Hermandad de Alféreces Provisionales de Orense”. Cunha periodicidade irregular, foi a continuadora de Aquí estamos, seguindo a súa numeración e estrutura. De carácter propagandístico, editouse nos obradoiros de La Comercial e incluíu información militar, asesoría xurídica e poesías.

Palabras veciñas

Oro Claro, Xurxo | Oro García, César | Oro Val, Xosé | Oro y Negro | Oro, El | 1 oro- | 2 oro-