orto-

orto-

(< gróρθο− ‘recto’)

Ver orto
  1. pref

    Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘recto’, ‘dereito’, ‘correcto’,‘regular’.

    Ex: ortodoxia, ortopedia, ortografía.

  2. pref
    1. [QUÍM]

      [o-]

      Ex: o-etilmetilbenceno.

    2. [QUÍM]

      Forma prefixada que, anteposto ao nome dun oxoácido, indica a súa forma máis hidratada.

      Ex: ortoácido.

    3. [QUÍM/FÍS]

      Forma prefixada que se emprega para indicar que nun sistema de dous electróns, ambos teñen spins do mesmo signo.

      Ex: ortohelio, ortohidróxeno.

  3. pref [XEOL]

    Forma prefixada que indica que unha rocha está producida pola metamorfose doutra rocha que orixinariamente era magmática.

    Ex: ortogneis, ortomagmático.

Palabras veciñas

orto | Orto | Orto, pazo de | orto- | Ortoá | ortoácido | ortobórico, ácido