ortonéctido -da

ortonéctido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos ortonéctidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Mesozoo do filo dos ortonéctidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Filo de mesozoos, da clase dos ofiuroideos, que está formado por pequenos animais mariños, endoparasitos de moluscos lamelibranquios, poliquetos, nemertinos, platihelmintos e equinodermos. Teñen estrutura vermiforme, e están formados por unha capa externa de células multiciliadas que rodean unha masa interna onde se atopan os espermatozoides e os óvulos.

Palabras veciñas

ortomórfico -ca | Orton, Joe | Orton, John Kingsley | ortonéctido -da | Ortoño | ortonormal | ortonormalidade