ortosa
ortosa
(< gr ὀρθός ‘recto’)
s
f
[MINERAL]
Silicato alumínico e potásico, de fórmula KAISi3O8. Pertence ao grupo dos feldespatos e cristaliza no sistema monoclínico. Forma cristais prismáticos, maclados segundo a lei de Karlsbad, de Baveno e de Manebach, e tamén se presenta en forma de masas granulares. De brillo vítreo, ten unha dureza de 6-6,5 e unha densidade de 2,55-2,63. Pode ser incolora, branca, gris e incluso vermella. Forma coa albita unha solución sólida denominada anortosa. OBS: Tamén se denomina feldespato ortosa ou ortoclase.