orxía
(< lat orgĭa < gr ὅργια)
-
s
f
[HIST/RELIX]
Cerimonia ritual, en particular a do culto dionisíaco, caracterizada polo desenfreo, polo furor e o entusiasmo dos participantes. O termo grego ὅργια, que significaba orixinariamente ‘acto ritual’, pasou a designar os cultos de Dióniso. A orixe destes actos atópase entre as institucións de numerosas relixións primitivas e consiste na abolición temporal das normas, moi a miúdo das normas sexuais, que regulan a vida dun pobo. Crese que na orxía hai unha realización ritual da desorde, como condición da renovación radical da orde. Algunhas formas atenuadas de orxía ritual perduraron na vida cristiá medieval a través do paganismo, como aniversarios, Entroido, verbenas ou mascaradas, e subsisten aínda no folclore.
-
s
f
Reunión de varias persoas onde se satisfán de maneira desenfreada os desexos e as paixóns, principalmente as sexuais.
-
s
f
Grande ostentación e profusión dalgunha cousa.