Oscar, Premios
Oscar, Premios
[IMAX]
Galardóns creados en 1928 pola Academy of Motion Picture, Arts And Sciences de Hollywood, que entrega anualmente para premiar os profesionais do sector que máis destacaron nese ano, especialmente nos apartados de mellor película, mellor director, mellor actor e actriz principais, e mellor película de fala non inglesa. O premio consiste nunha pequena figura de bronce recuberta de ouro, deseñada polo escenógrafo Cedric Gibbons e realizada polo escultor George Stanley, que representa un cabaleiro armado cunha espada, de pé sobre un rolo de película. A primeira edición tivo lugar en 1929 e contaba con 15 premios, correspondentes a outras tantas categorías, aínda que co tempo se foi ampliando o seu número.