Osorio

Osorio
  1. [ONOM]

    ariante gráfica do antropónimo masculino Osoiro.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe galega con orixe arredor do s X. Durante o s XIV foron señores de Lugo e tiveron baixo o seu dominio algunhas vilas da Terra de Santiago, á vez que tentaron ter o poder na cidade de Santiago de Compostela xunto aos Moscoso. En Lugo, durante o s XV, aumentaron o seu control pola usurpación de terras de dominio eclesiástico. Trae como armas, en campo de ouro, dous lobos desollados postos en pau; bordura de goles con oito aspas de ouro. Outra variante trae, en campo de sinople, unha banda de goles, bordura de azul; en campo de goles, unha ponte, de prata; e, en campo de goles, tres faixas, de ouro, bordura de sinople, con seis aspas, de goles, perfiladas de ouro e seis estrelas, de ouro, alternando. Outra trae, en campo de prata, dous lobos pasantes, de goles; bordura de goles, con oito aspas, de prata.