osteostráceo -a

osteostráceo -a
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos osteostráceos.

  2. s m [PALEONT]

    Peixe fósil da orde dos osteostráceos.

  3. s m pl [PALEONT]

    Orde de peixes fósiles, da clase dos ciclóstomos, que presentaban o corpo de 6 cm de lonxitude, coa cabeza e unha parte do tronco recubertas por un escudo cefálico, semellante a unha cuberta ríxida, con escamas poligonais. Habitaron desde o Silúrico Superior ata o Devónico en Europa, Asia e América do Norte.

Palabras veciñas

osteosarcoma | osteosclerose | osteosíntese | osteostráceo -a | osteotomía | osteótomo | osteoxénese