Österreichische Nationalbibliothek
Österreichische Nationalbibliothek
Biblioteca fundada en Viena en 1526 por Fernando I. Instalada desde 1623 no antigo palacio imperial, en 1727 pasou a ocupar o edificio de estilo barroco construído por J. B. e J. E. Fischer von Erlach. Foi sucesivamente enriquecida por bibliotecas como a da familia Fugger (1656) e a do príncipe Uxío (1737), e tamén polas achegas obtidas pola secularización de bibliotecas eclesiásticas.