ostreira

ostreira

(

s f [IND/BIOL]

Lugar onde se crían ostras ou onde hai unha gran cantidade. En ostreicultura, escóllense os lugares máis protexidos da costa para facer alí as instalacións necesarias, que consisten basicamente en series de paus paralelos dos que se penduran as bolsas de rede que conteñen as ostras ou ben as cordas onde son enganchadas con cemento. Antes da comercialización das ostras hai que proceder á súa depuración.