otárido -da
otárido -da
(< lat científico Otaria)
-
adx
Relativo ou pertencente aos otáridos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos otáridos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de mamíferos carnívoros acuáticos que teñen pavillóns auriculares pequenos pero moi sensibles, os ollos grandes, o fociño alongado e apuntado, con bigotes formados por sedas grosas, dentadura forte con 36 pezas e pescozo longo. Nadan moi ben e son gregarios. Habitan en case todos os mares, especialmente nos do hemisferio meridional. A esta familia pertencen os leóns mariños.