Othello
Othello
[LIT]
Traxedia escrita por W. Shakespeare ao redor de 1602. O personaxe central, Othello, xeneral mouro a servizo de Venecia, asasina por celos a súa muller, Desdémona, a raíz das pérfidas insinuacións de Iago. Ao darse conta do seu erro, Othello decide quitarse a vida. A obra inspirou outros dramas teatrais, como o de I. F. Ducis (1792) e o de Alfred de Vigny (1892); musicais, como o de Rossini (1816) e o de G. Verdi (1887); e cinematográficos, como o de O. Welles (1952).