Otto, ciclo de

Otto, ciclo de
[TECNOL]

Ciclo teórico para motores de combustión interna de acendido por chispa ou explosión, que desenvolveu Nikolaus Otto. En 1876 construíu o primeiro motor deste tipo, de catro tempos e de combustión a volume constante, seguindo os principios enunciados por Beau de Rochas en 1862. No ciclo para motores de catro tempos pódese distinguir a compresión adiabática do fluído motor, o abastecemento instantáneo de enerxía a volume constante, a expansión adiabática e a cesión instantánea de enerxía a volume constante. Coa mesma compresión, o rendemento deste ciclo é superior ao do ciclo Diesel. Se se efectúa o ciclo de Otto para un motor de dous tempos, o rendemento termodinámico diminúe.