Ourense, depresión de

Ourense, depresión de

Conca que está formada por unha depresión topográfica por cuxo fondo discorre o río Miño tras a súa confluencia co Sil, cunha altitude comprendida entre os 100 e os 350 m. Esta depresión esténdese cara ao S e segue o val do río Barbaña, afluente do Miño, e abrangue os concellos de Toén, Barbadás, San Cibrao das Viñas, Taboadela e O Pereiro de Aguiar. O sector N perfílase como unha extensa plataforma que cara ao S descende en inclinadas ladeiras cara ao curso do Miño. No sector central, coincidindo co curso do río Miño, está o concello de Ourense. No sector oriental as aliñacións montañosas pechan a conca polo NL, cara aos montes da Peroxa, por onde entra o Miño por un tramo aínda encaixado. Cara á veciña comarca do Ribeiro, o val ábrese máis suavizado.