Outeiro, casa de
Outeiro, casa de
Construción situada en Ramil (Castro de Rei). Ten planta en forma de L e no primeiro andar destacan dúas solainas, unha delas con acceso desde o exterior que está montada sobre columnas. No ángulo da fachada principal presenta un escudo de armas dos Freire con motivos do Santo Oficio que está datado en 1763.