outro -tra

outro -tra

(< lat altĕru,altĕra)

  1. noutrora.

  2. ident

    Distinto do mencionado anteriormente ou do coñecido.

    Ex: Tráeme outro vestido que este non me gusta.

  3. ident

    Semellante a algo ou alguén.

    Ex: Dixeron del que ía ser outro Induráin.

  4. cuant

    Un máis do mesmo.

    Ex: Póñame outro quilo de mazás.

  5. cuant

    Expresa proximidade no tempo con substantivos que expresan temporalidade.

    Ex: O outro ano fomos a París. OBS: Contrae coas preposicóns de e en dando lugar ás formas doutro(s), doutra(s), noutro(s), noutra(s). Ex: Agochouno noutro lugar. Colleunas doutra caixa.

  6. s m [FILOS]
    1. O próximo individualizado en oposición ao eu.

    2. Problema que xorde no idealismo ao poñer o punto de partida do coñecemento no suxeito, é dicir, a cuestión do recoñecemento dos outros suxeitos por parte dun individuo, especialmente viva na filosofía contemporánea. O existencialismo admite a experiencia do outro como inherente á consciencia subxectiva.

Frases feitas

  • Ao/Ó outro día loc adv Ao día seguinte.

  • 2 A mesma cousa. Ex: Regaláronlle moitas cousas polo Nadal, e a min outro tanto.

  • Ata/Deica outra. Fórmula de despedida entre persoas.

  • O outro antonte loc adv O día anterior a antonte.

  • Outra vaca (máis) no millo/Outro que ben/tal baila/Outro que tal. Expresa semellanza entre dúas cousas ou persoas, xeralmente cun matiz despectivo ou reprobatorio.

  • Outra/Doutra volta. Outra/doutra vez.

  • Outro tanto 1 En igual número. Ex: Déronme outro tanto de diñeiro.

Palabras veciñas

output* | outremo | outrigger* | outro -tra | outrosí | outsider* | outubrista