óvalo

óvalo

(

s m [MAT]

Curva con segunda derivada continua, plana e pechada, en que o vector da curvatura está dirixido, en todos os puntos, cara ao interior, e polo tanto, é completamente convexa. Os puntos nos que curvatura pasa por máximos e mínimos relativos denomínase vértices do óvalo, é demóstrase que todo óvalo ten catro ou máis. Exemplos de óvalos son as elipses e o perfil do ovo dunha galiña.

Palabras veciñas

oval | ovalar | Ovalle | óvalo | ovalocito | ovambo | Ovamboland