ovario

ovario

(

  1. s m [ZOOL]

    Glándula feminina dotada da dobre función de formación dos óvulos e da secreción endócrina dos estróxenos e da proxesterona. Hai un a cada lado do útero, na cavidade pelviana nun pregamento do peritoneo denominado ligamento ancho.

  2. s m [BOT]

    Parte basal e máis grande do pistilo que contén os primordios seminais.

  3. s m [ARQUIT]

    Moldura con perfil de cuarto bocel, tallada con ovas.

Palabras veciñas

ovari(o)- | ovárico -ca | ovariectomía | ovario | ovario- | ovariolo | ovariopatía