ozonizador -ra
ozonizador -ra
(< ozonizar)
-
adx
Que ozoniza.
-
aparato ozonizador
[QUÍM]
Aparato que consiste nunha cámara, convenientemente illada, pola que circula aire ou osíxeno e na que se producen descargas de corrente alterna de alta voltaxe entre dous electrodos. O espazo de descarga ten que ser refrixerado para obter concentracións apreciables de ozono, xa que a calor o descompón. O ozono producido desprázase do ozonizador pola mesma corrente de aire que o ozoniza. Deste xeito pódese chegar a concentracións da orde do 100% de ozono. Os ozonizadores empréganse para a esterilización da auga ou de alimentos e para desodorizar a atmosfera.