pacana

pacana

(< orixe nahua)

Nome científico: [Carya illinoinensis, Fam das xuglandáceas]
s f [PLANTA]

Árbore caducifolia de ata 50 m de altura, de tronco groso coa cortiza lisa de cor gris, e de copa ampla e arredondada. As follas son alternas, imparipinnadas, pecioladas, sen estípulas e lixeiramante curvadas cara a atrás. As flores masculinas nacen en inflorescencias cilíndricas colgantes de ata 8 cm, e as femininas en pequenas espigas terminais. O froito é unha noz drupácea con pouca carne e rica en graxas. É unha árbore orixiaria do L de EE UU, que vive ata 300 anos. Aínda que en Galicia é moi escasa, pódese atopar como árbore ornamental.

Palabras veciñas

pábulo | 1 paca | 2 paca | pacana | Pacaraíma, serra | pacedeira | pacedura