Packard Motor Car

Packard Motor Car

Empresa estadounidense dedicada á fabricación de automóbiles de luxo, constituída en Detroit a partir da New York and Ohio Corporation de Warren (Ohio), pouco tempo despois da súa fundación en 1899, e que xa fabricaba a marca Packard. En 1915 construíu o primeiro motor de doce cilindros para automóbiles de serie de EE UU. Pechou en 1958.