padaung

padaung
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo padaung.

  2. s m [ETN]

    Individuo do pobo padaung.

  3. s m [ETN]

    Pobo que habita en Myanmar e Tailandia. Procedentes do deserto do Gobi, foron desprazados polos birmanos cara as montañas de Myanmar oriental ata reducir a súa presenza ao estado de Kayah, sendo máis numerosos os refuxiados en Tailandia. É característico que as mulleres nacidas no mércores de lúa chea leven aneis de bronce no pescozo e nas pernas como símbolo de orgullo e beleza. Comezan a poñelos aos cinco anos e, cada tres anos, engaden tres aneis ata chegar a un total de 24. Son coñecidas como as mulleres xirafas. OBS: ;Tamén se denomina kayán.

  4. s m [LING]

    Lingua do phylum sino-tibetano que fala o pobo padaung.

Palabras veciñas

pada | padal | Padang | padaung | Padda | padear | padecemento